Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

AVISO LEGAL E TERMOS DE USO

No cumprimento co deber de información recollido no artigo 10.º da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, infórmase de que o sitio web “www.axendabarbanza.galé titularidade da Mancomunidade de Municipios Ría da Arousa Zona Norte, en diante “Mancomunidade Barbanza Arousa”, entidade localizada na praza de Galicia, s/n, 15930, Boiro, A Coruña, co NIF P1500018E, co correo electrónico correo@arousa-norte.es e co teléfono de contacto 981 845 236.

A Mancomunidade Arousa Norte é titular do dominio axendabarbanza.gal, cuxo acceso é de carácter gratuíto e creado para dar a coñece-las actividades e servizos que se realizan no ámbito local da Barbanza Arousa: os concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo.

A información que se contén, procedente de fontes propias ou de terceiras persoas, non constitúe a prestación dun servizo profesional nin é unha fonte de asesoramento, salvo que especificamente así se recolla, en cuxo caso a persoa usuaria se somete ás condicións particulares referidas ó dito servizo.

 

TERMOS E CONDICIÓNS DE USO

Toda a persoa que acceder a este sitio web considerarase usuaria, comprometéndose á observancia e cumprimento rigoroso das disposicións aquí expostas, así como a calquera outra disposición legal que for de aplicación. 

O acceso ó sitio web www.axendabarbanza.gal implica a aceptación dos termos de uso, e a persoa usuaria comprométese a non utiliza-lo sitio web e os servizos ofrecidos nel para a realización de actividades contrarias á lei.

A consulta de www.axendabarbanza.gal proporciona o acceso á información de servizos, eventos e actividades do destino Barbanza Arousa (concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo) a través da Internet.

A persoa usuaria comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos ofrecidos pola Mancomunidade Barbanza Arousa.

 

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

Os dereitos da propiedade intelectual e industrial corresponden con carácter exclusivo á Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa, que reserva para si o dereito a actualizar, modificar ou elimina-la información contida no seu sitio web, e que poderá inclusive limitar ou non permitir o acceso á dita información. Ademais, reserva para si tódolos dereitos sobre as imaxes, textos, marcas, logotipos etc. 

En virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, parágrafo segundo, da Lei de propiedade intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída calquera modalidade de posta á disposición da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización desta entidade.

A persoa usuaria comprométese a respecta-los dereitos de propiedade intelectual e industrial titularidade desta entidade. Poderá visualiza-los elementos do portal e inclusive imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico sempre e cando sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado.

As persoas usuarias recoñecen esta advertencia sobre a propiedade intelectual e industrial como un mecanismo de proba fronte a usurpacións por parte de terceiras persoas alleas e non autorizadas. A persoa titular declara mediante estas advertencias a reserva de dereitos de propiedade intelectual e industrial do contido do sitio web fronte a posíbeis utilizacións por parte de terceiras persoas.

 

LIGAZÓNS

Quen ten a titularidade de www.axendabarbanza.gal non é responsábel da información e demais contidos integrados en espazos ou páxinas web de terceiras persoas, accesíbeis dende www.axendabarbanza.gal mediante ligazóns ou outros vínculos da web, nin da información e demais contidos integrados en espazos ou páxinas web de terceiras persoas dende os cales se acceda mediante ligazóns ou outro tipo de vínculos ó lugar web www.axendabarbanza.gal, nin da información e contidos de calquera páxina web de terceiras persoas que se presente baixo a aparencia ou signos distintivos da entidade, salvo a autorización expresa desta última.

Quen ten a titularidade do dominio non se responsabiliza da veracidade dos contidos ou prexuízos daquelas informacións que non sexan propias. En ningún caso se fai responsábel dos datos e prexuízos de calquera natureza que poidan ocasiona-los erros ou omisións nos contidos ou a falta de dispoñibilidade. Ademais, non garante o acceso continuado, nin a correcta visualización, descarga ou utilidade dos elementos e información contidos no noso sitio web, que poden verse impedidos, dificultados ou interrompidos por factores ou circunstancias fóra do seu control.

Así mesmo, quen ten a titularidade reserva para si o dereito a denegar ou retira-lo acceso ó portal ou ós servizos ofrecidos sen necesidade de preaviso, á instancia propia ou dunha terceira persoa, a quen use o portal incumprindo os presentes termos de uso.

Estas condicións de uso poderán ser modificadas en calquera momento, sen aviso previo e sempre que se considerar oportuno, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos coma os servizos que se presentan a través do dito portal e coa forma que se considerar oportuna. As presentes condicións estarán vixentes ata que sexan modificadas e se publiquen outras nesta mesma ligazón web.

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

En conformidade co establecido na normativa vixente, os datos facilitados no formulario da páxina serán incorporados nun ficheiro do cal é responsábel a Mancomunidade de Municipios Ría da Arousa Zona Norte, co CIF P1500018E, co enderezo na praza de Galicia, s/n, Boiro, co teléfono 981 84 52 36 e co correo electrónico correo@arousa-norte.es. Os datos serán tratados coa finalidade de promove-los eventos do destino Arousa Norte.


Se desexa exercer algún dos dereitos expostos, agradecemos que nos remita unha carta con tódolos seus datos, incluíndo unha copia do documento de identificación á Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa, praza de Galicia, s/n, 2.º andar, c.p. 15930, Boiro (A Coruña).

POLÍTICA DE RASTROS (COOKIES)

A presente política de rastros de navegación (cookies) pretende proporciona-la información necesaria para que calquera persoa usuaria do noso sitio web poida decidir se desexa permiti-la instalación das cookies que utilizamos e como xestionalas. Por iso, proporcionamos unha serie de nocións básicas cuxo coñecemento consideramos esencial (o que son as cookies ou rastros de navegación e para que poden servir, ou como desactivalas ou borralas) para calquera persoa usuaria da Internet, e facilitámo-la identificación das nosas cookies.

A nosa política de rastros (cookies) é pública e está permanentemente accesíbel a través da ligazón habilitada no sitio web denominada “política de cookies”. Esta política pódese actualizar en calquera momento, como consecuencia dunha mudanza normativa ou como consecuencia de calquera mudanza na configuración das cookies utilizadas.

 

1. O QUE SON AS COOKIES?

Un rastro de navegación ou cookie é un ficheiro que se descarga no equipo terminal da persoa usuaria ó acceder a determinadas páxinas web coa finalidade de almacenar datos que poderán ser actualizados e recuperados pola entidade responsábel da súa instalación. As cookies ou rastros da navegación son ficheiros creados no navegador da persoa usuaria para rexistra-la súa actividade no sitio web e para lle permitir unha navegación máis fluída e personalizada.

 

2. QUE TIPOS DE COOKIES UTILIZA ESTA PÁXINA WEB?

A seguir, realízase unha descrición dos diferentes tipos de rastros ou cookies utilizadas:

 Cookies propias: a única cookie propia que se utiliza nesta web é de sesión (SESSIONID). Unha cookie de sesión utilízase para almacenar e recupera-los valores da persoa usuaria. A información almacenada mantense no servidor e soamente a identificación única almacenada na cookie será enviada de ida e volta entre a persoa usuaria e o servidor. A información almacenada no servidor permanecerá na memoria deste ata que finalice a sesión. A cookie en si non contén ningunha información persoal. Expira na fin da sesión.

Cookies de terceiras persoas: utilizámo-las seguintes cookies ou rastros de terceiras persoas:

Google Maps: para lle mostrar á persoa usuaria a súa localización física na sección Contacto. As condicións deste servizo pódense consultar na seguinte ligazón: condicións Google Maps.

Google Analitycs e Piwik: permítennos realiza-lo seguimento e a análise do comportamento das persoas usuarias do noso sitio web. As condicións destes servizos pódense consultar nas seguintes ligazóns: condicións Google Analitycscondicións Piwik.

Facebook, Twitter, Google Plus/YouTube: son aquelas que os provedores ou provedoras de servizos de redes sociais poden instalar cando a persoa usuaria selecciona compartir un determinado contido do noso sitio web na rede social en que opera. As condicións destes servizos pódense consultar nas seguintes ligazóns: FacebookTwitter e Google Plus/YouTube.

 

3. COMO DESACTIVAR OU ELIMINA-LAS COOKIES?

Vostede pode permitir, bloquear ou elimina-los rastros ou cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador colocado no seu ordenador:

Para máis información sobre o navegador Firefox, pulse aquí.

Para máis información sobre o navegador Chrome, pulse aquí.

Para máis información sobre o navegador Safari, pulse aquí.

Para máis información sobre o navegador Opera, pulse aquí.

Para máis información sobre o navegador Internet Explorer, pulse aquí.

A restrición dalgunhas cookies pode afecta-lo correcto funcionamento do sitio web.

 

4. ACEPTACIÓN DA POLÍTICA DE COOKIES

Con cada inicio de sesión, o noso sitio web mostra información sobre a política de cookies na parte inferior de calquera páxina/sección da nosa web.

Ante esta información é posíbel levar a cabo as seguintes accións:

Aceptar cookies: non se volverá visualizar este aviso ó acceder a calquera páxina ou portal durante a presente sesión.

Seguir navegando: ó se mover pola barra de desprazamento, en cuxo caso consideramos que acepta o seu uso.

Solicitar máis información: premendo na ligazón “a nosa política de cookies”. Neste caso mostrarase este documento e, igual ca no caso anterior, consideramos que acepta o seu uso.

 

 

Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa


Mancomunidade de municipios Barbanza Arousa
Praza de Galicia, s/n. Boiro (A Coruña)

Teléfono: 981 845 236
Correo electrónico: eventos@axendabarbanza.gal
 

AVISOS LEGAIS - AVÍSANOS DUN EVENTO

 


Subscríbete á nosa newsletter

 

Web subvencionada por

Deputación da Coruña